9 Marzo, 2022

10 de Marzo, xoves. Spanish Masters 2022 no Squash Santiago do Milladoiro

Despois de dous anos sen poder celebrarse pola Pandemia, todo preparado para que mañá xoves 10 de marzo a partir das 18:00 h dea comezo unha edición máis do SPANISH MASTERS SQUASH 2022, que se vai a celebrar no Squash Santiago con 120 xogadores, onde participarán xogadores de todo o mundo (Inglaterra, Alemaña, Sudáfrica, Irlanda, Francia, Portugal …) ata un total de 15 nacionalidades diferentes.

O Squash Santiago organiza por cuarta vez nas instalacións de Milladoiro, o torneo do Circuito Masters Europeo, circuíto que comezou hai 7 anos no que participan xogadores de primeiro nivel nas categorías de veteranos.