27 Xuño, 2017

20 anos do Fondo Galego de Cooperación

O Concello de Ames é un dos socios do Fondo Galego de Cooperación.

O Fondo Galego de Cooperación, do que o Concello de Ames é socio, celebra os seus 20 anos de vida cunha mostra que estará exposta na praza da Maía, de Bertamiráns, ata o próximo 6 de xullo. Esta mostra está deseñada por Pepe Carreiro. A través dos diferentes paneis que conforman a mostra é posible facer un repaso sobre a orixe e os diferentes proxectos desenvolvidos polo Fondo Galego de Cooperación, tanto en Galicia como en países empobrecidos.

Ata o próximo 6 de xullo, a veciñanza amesá poderá achegarse ata a praza da Maía para coñecer, a través desta exposición, os traballos desenvolvidos polo Fondo Galego de Cooperación ao longo destes 20 anos. Así, os diferentes paneis que conforman a mostra supoñen un repaso pola orixe do Fondo Galego, os seus proxectos en países empobrecidos e as súas actividades de sensibilización realizadas en Galicia, entre outros contidos.

A mostra foi deseñada polo ilustrador Pepe Carreiro, autor dos tan coñecidos Bolechas. Con ela preténdese dar a coñecer a contribución que deputacións e concellos, como o de Ames, teñen realizado para a erradicación das desigualdades Norte-Sur, ao tempo que se tenta fomentar unha opinión pública favorable á cooperación para o desenvolvemento.