6 Abril, 2020

A área sanitaria compostelá detectou case un 50% máis de casos de COVID-19 durante abril

Os datos feitos hoxe públicos pola Xunta identifican 5342 casos confirmados de coronavirus COVID-19 en Galicia, dos cales 871 se corresponden coa área compostelá. Na área sanitaria compostelá hai 871 pacientes confirmados. Son 1.081 casos en Vigo, 1.071 na Coruña e 922 en Ourense. Santiago está no cuarto posto, con 563 na área de Lugo, 457 na de Pontevedra e 307 na de Ferrol. 

Se se analiza a tendencia na área compostelá, pode comprobarse un incremento do 49,91% dos casos desde o 1 de abril, e dun 59% se temos en conta o día 31, último do mes de marzo. Pola contra, o número de contaxios detectados subiu en Galicia un 33% dende o día 1 e un 48% desde o 31, ou, o que é o mesmo, a área sanitaria compostelá detecta agora mesmo maior porcentaxe de casos diarios de coronavirus que o conxunto de Galicia. 

Do total de pacientes positivos en Galicia, 168 permanecen en UCI, 939 están en unidades de hospitalización e 4.235 no domicilio. Polo de agora, enGalicia rexistráronse 610 altas de pacientes e 199 falecementos, con 30.000 probas realizadas.