A Garda Civil do Posto Principal do Milladoiro investigou a unha persoa como presunto autor dun delito de simulación de delito. Os feitos investigáronse debido á presentación, por parte do mesmo, dunha denuncia na que comunicaba ser vítima de estafa por realizárselle tres cargos non autorizados na súa conta bancaria, por un importe total de 500 euros. A investigación da Garda Civil revelou que os cargos eran cotas dun préstamo concecido por unha entidade mercantil ao titular da conta, e non cargos fraudulentos. O investigado trataba, presuntamente, de conseguir o reintegro do importe a través desta denuncia. A Garda Civil investiga ao denunciante por simulación de delito, e foi posto a disposición do Xulgado de Instrución de garda en Santiago.
A Garda Civil investiga a un veciño do Milladoiro por simulación de delito