2 Novembro, 2021

A música de ChAnZo e a plástica de Nove No31 visitan a Casa da Cultura do Milladoiro

A Casa da Cultura do Milladoiro acolle, este xoves 4 de novembro, ás 17.00 h, a actuación de ChAnZo e de Nove No 31. Baixo o lema Outra música é posible, ChAnZo encherá o auditorio do Milladoiro de sons e imaxes diferentes que conxugan a improvisación e a tecnoloxía para deleitarnos con música negra, jazz, groove, música electrónica, representación plástica en directo e moito máis. O espectáculo é unha actividade que chega ao noso concello da man da  Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia no marco dos proxectos culturais Xacobeo 21.