O Goberno atribúe ao BNG “resentimento” no seu voto por non estar no Goberno e os nacionalistas insisten na falta de intención de consensuar e integrar as súas propostas por parte dos socialistas. Si como resulta previsible non hai un entendemento entre BNG e PP para propoñer unha alternativa a través da moción de censura, o proceso de aprobación será automático.
O alcalde, Blas García, reprochou aos partidos da Oposición o atraso que se deriva da dilación temporal da aprobación dos Orzamentos, mentres, no PP, Espazo Común e BNG houbo coincidencia á hora de subliñar a pouca flexibilidade do Goberno e a falta de diálogo real coa oposición para pactar os Orzamentos.