Desde o 15 de xuño, Gestdoc, a nova plataforma electrónica do Concello de Ames, xa está dispoñible para a veciñanza. A través dela, a cidadanía poderá realizar numerosos trámites vía telemática sen necesidade de desprazarse ao concello. O novo sistema terá acceso desde o pc e vía web, o que tamén facilitará a xestión e o acceso aos documentos aos 150 traballadores do Concello que traballarán con este novo aplicativo. Asemade, a sinatura electrónica mellora coa implantación do certificado dixital na nube, que permite asinar vía móbil, contando todo o persoal cun certificado propio. O Concello anima á veciñanza a obter o certificado dixital para facilitar a interacción coa administración municipal.
A sede eléctronica municipal simplifica os trámites coa administración