A Unidade Móbil de Doazón de Sangue estará pasado mañá e ao día seguinte, mércores 29 e xoves 30, no Milladoiro. O mesmo xoves e o venres 31 estará en Bertamiráns. Os bancos de sangue seguen a necesitar da colaboración cidadá, que poderá pasar a doar sangue con cita previa como medida de seguridade contra a propagación de COVID-19.
A Axencia Galega de Doazón de Sangue e o Concello de Ames colaboran nesta ocasión para impulsar a solidariedade en materia de saúde. No Milladoiro, o autobús situarase entre as 15:30 e as 21:00h do mércores e de 9:30 a 14:30h e 15:30 a 21h do venres na Rúa Curuxa, esquina Rosalía de Castro. En Bertamiráns, será en horario de tarde ambos días -15:30 a 21:h- e estará na Avenida da Maía, diante da praza homónima.