Sofia Rial, veciña de Ortoño, compite representando ás Terras de Compostela no concurso “Recantos” do programa Luar da Televisión de Galicia. O certame está xa na 3ª fase e a competencia é cada vez máis forte.
Sofia, que naceu en Bos Aires, vive na parroquia de Ortoño desde hai dez anos. Desde pequena destacou polas súas dotes para o baile e o canto. Estudando bacharelato participou como cantante e bailarina no musical “Viaxe no tempo” do Instituto de Bertamiráns. Alumna de Najla Shami, Lucía formou parte do grupo tradicional “Herbadeira”, do Casino de Noia, lidera o grupo e heavy “Hidden Code” e acompaña ao seu pai, Hector Rial, no espectáculo “Pasional Tango”.
Ademais Sofia é a voz solista das panxoliñas “Disque lle din que o neno”e “Espérame Jesús que voy a visitarte”, gravadas en vídeo coa participación dunha boa parte da veciñanza de Ortoño e que acadaron un grande éxito de difusión, con milleiros de visitas nas redes. Foron precisamente os seus veciños e veciñas de Ortoño ás que a animaron a presentase ao concurso do Luar.
Pódese votar por Sofia de diferentes xeitos:
– A través do whatsapp 661 398 440, escribindo Voto Sofia.
– A través do facebook “Luar Páxina Oficial”, poñendo igualmente Voto Sofia.
– A través do twitter @Luartvg: #VOTOSOFIA .
– A través do número de teléfono 988 600 681 que admite até cinco chamadas.
Todas estas canles son gratuítas.
É importante lembrar que a votación hai que realizala no mesmo momento do programa, despois da actuación, a partires de que a presentadora diga: “Abrimos liñas”.
Ante a cita de hoxe, o alcalde, Jose Miñones, recibiuna para amosarlle o seu apoio no nome de todos os veciños e as veciñas de Ames.