28 Xuño, 2021

Aberta a inscrición nas actividades de Aquagym e Ioga acuático

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, abre o prazo para inscribirse nas actividades terapéuticas de verán que se desenvolverán nas localidades de Bertamiráns e do Milladoiro durante os meses de xullo e agosto.

A actividade de ioga será os martes e xoves nas piscinas descubertas do Milladoiro, mentres que os mércores e venres impartirase nas de Bertamiráns. En ambas localidades dita actividade impartirase ás 10.00  e rematará ás 11.00 horas. Existen 12 prazas dispoñibles. Para inscribirse precísase inscrición a través da plataforma Cronos.

As sesións de aquagym desenvolverase os martes na piscina descuberta de Bertamiráns e os mércores na piscina descuberta do Milladoiro. En ambas localidades, esta actividade comezará as 16.00 horas e terá unha duración de 45 minutos. Non se precisa inscrición previa.