28 Abril, 2026

Aberto o prazo para participar na andaina polo Mar de Ovellas e na visita aos lugares Rosalianos dos días 9 e 10 de maio

O Concello de Ames, a través dos departamentos de Normalización Lingüística e Turismo, organizou para o domingo 10 de maio unha andaina polo Mar de Ovellas. Esta actividade, incluída na programación de Rosalía 2026, estará teatralizada polos Quinquilláns e Lupe Blanco. A andaina rematará no local social de Trasmonte cunha pequena festa con música e degustación de petiscos. As persoas que queiran participar teñen que escribir un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal

Ademais, para o sábado 9 de maio está aberto o prazo para inscribirse na visita aos lugares Rosalianos que marcaron a vida e obra de Rosalía. Neste caso visitarase o Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Para participar hai que enviar un correo electrónico ao enderezo turismo@concellodeames.gal