O Concello de Ames, xunto coa Federación Galega de Atletismo, organizan unha nova edición do Trail e Andaina Ribeiras do Tambre, que se celebrará o vindeiro domingo 8 de marzo. A proba, enmarcada dentro da especialidade atlética do Trail-Running, formará parte do Galicia Trail Running e, ademais, será o III Campionato Xunta de Galicia de Trail Running Preclassic e estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.Deste xeito, A Ponte Maceira volve a ser un ano máis o punto de partida deste evento deportivo, tanto para o trail como para a andaina.
O prazo de inscrición estará aberto ata o 3 de marzo e pode facerse a través da seguinte ligazón a Carrieras Galegas. Nesta proba poderá participar calquera deportista, sexa ou non federado. Pódese consultar as bases e regulamento da proba .