A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior avisou onte de fenómenos meteorolóxicos adversos en Galicia, que se concretará nun nivel de alerta amarelo por tormentas e chuvias desde as 12 da mañá de hoxe e ata a noite. A alerta afecta ao interior da provincia da Coruña, ao noroeste da de Ourense e ao interior da de Pontevedra.
Inclúe os concellos de Ames e de Santiago e todos os concellos limítrofes. Nestas zonas, prevese unha precipitación acumulada nunha hora de ata 20 mm, e localmente sarabia e rachas moi fortes de vento. Ante calquera emerxencia lembran que se chame ao 112.