3 Decembro, 2020

Almorzo virtual con Arcea Adames polo Día Mundial das Persoas con (Dis)capacidade

Hoxe celébrase o día Mundial das persoas con Discapacidade. Era costume que cada 3 de decembro o Concello visitase a sede de Arcea Adames e compartise un almorzo cos rapaces e rapazas que asisten aos talleres que a asociación imparte no Milladoiro. Este ano, coa pandemia, a cita tivo que mudar de forma pero non de fondo: a concelleira Luísa Feijóo, acompañada de persoal do seu departamento, compartiron virtualmente almorzo e conversa cos rapaces e as rapazas da asociación. O Concello entregoulles, como decote, un pequeno agasallo.

No transcurso desta xuntanza falouse de todo un pouco, que están a facer ultimamente no taller, como levan as medidas e restricións impostas pola pandemia, como pasaron o tempo de confinamento e o que significou para eles.