9 Febreiro, 2026

Alumnas e alumnos de Ames cantan e bailan en modo galego

Dende o pasado mes de xaneiro o Concello de Ames e a Real Academia Galega, co apoio da Xunta de Galicia e da comunidade educativa amesá, realizaron a cuarta edición de Modo Galego, actívao!

Nesta edición participaron arredor de 2.700 alumnos e alumnas que contaron coa colaboración de case 300 docentes e uns 200 profesionais da educación non formal.

O pasado 6 de febreiro rematou o programa cunha gran foliada en cada centro escolar que estivo dirixida polas pandeireteiras do grupo As Maianas e das asociacións de Bugallido, que ao igual que na edición anterior, cantaron e bailaron a canción Falo galego porque quero!, que as propias Maianas crearon explicitamente para o Modo Galego.

Ademais, este ano o peche oficial do programa farase o 17 de abril cun gran festival na explanada do pavillón polideportivo de Bertamiráns no que haberá unha gran festa con diversas actuacións musicais.

Escolas infantís de Amaía, Agro do Muiño, Barouta, Ventín e Milladoiro, participaron nos cantos e bailes coas Maianas.