21 Xullo, 2017

Ames 2.0: Envía as túas incidencias dende a nova aplicación do Concello

Miñones quixo destacar o impulso que está dando o goberno para levar a administración electrónica a un novo nivel; a tecnoloxía móbil

O día 21 de xullo, o concelleiro de Urbanismo, Obras Públicas e Servizos Básicos, Blas García, e o alcalde de Ames, José Miñones, presentaron unha aplicación para os teléfonos móbiles e as tabletas ca que os veciños e veciñas do concello poderán enviar todas as incidencias que atopen no seu arredor.

En palabras de García “esta aplicación é para estar máis en contacto directo cos veciños xa que nos chegaban as queixas polas redes sociais pero non era un método oficial. Agora queremos dar un paso adiante con esta app que será un xeito formal para presentar as súas queixas ou incidencias sobre estradas en mal estado, parques con deficiencias, etc.”

Miñones quixo destacar o impulso que está dando o goberno para levar a administración electrónica a un novo nivel; a tecnoloxía móbil.

Unha vez descargada a aplicación dende a AppStore ou da PlayStore buscando Concello de Ames, a persoa que queira enviar unha incidencia debe rexistrarse poñendo o seu nome, correo electrónico e teléfono. Dentro do apartado de incidencias debe marca unha categoría principal das dispoñibles, despois poñer a subcateogoría e continuación falar do problema que atopa. Ademais, pode axuntar fotografías para que o departamento de obras poida ter unha proba do estado no que se atopa a incidencia. Unha vez enviado, nas vindeiras horas recibirá unha resposta por parte do concello e pasará a formar parte dunha base de datos.

O sistema de avisos ou alertas será push e aparecerán directamente na pantalla principal do móbil para avisar de cortes de tráfico ou información de última hora

Esta aplicación é controlada directamente dende o concello polo tanto serán os responsables de recibir toda a información necesaria, así como de aplicar todas as actualizacións necesarias do entorno dos datos que aparecen publicados.

Isto non é todo xa que ademais do envío de incidencias tamén se poden encontrar teléfonos de interese, o perfil de cada concelleiro para poñerse en contacto con eles e un apartado de avisos. O sistema de avisos ou alertas será push, e dicir, aparecerán directamente na pantalla principal do móbil para avisar de cortes de tráfico ou información de última hora respecto ao concello. Para completar a aplicación, a sección da axenda contará con todos os eventos próximos que se celebrarán no concello.

Falando do futuro, Miñones que un dos próximos obxectivos é poñer xeolocalización para ter o punto exacto das incidencias que se envíen e así ter unha referencia fixa. Outro dos futuros traballos é poñer unha brigada rápida de traballo para arranxar todas os problemas de pronta solución nun mesmo día e non esperar moito máis do necesario.

O alcalde tamén resaltou da próxima saída doutra aplicación por parte da concellaría de turismo para poñer en valor todo o que temos en Ames. Asemade, o obxectivo é poder sacar unha aplicación por cada departamento do concello. Nas próximas semanas será a presentación oficial.