O Concello de Ames informou esta mañá de que, segundo a Xerencia da Área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, o número de casos activos por Covid-19 no municipio chega xa a 184. A incidencia acumulada a 7 días é de 327 casos, mentres que a incidencia acumulada a 14 días é de 542 casos.
Ames pasará dende o sábado ao nivel alto de restriccións. Isto suporá unha limitación nas xuntanzas de non conviventes de 6 persoas en interiores e 10 en exteriores .Entre as 3h e as 6h da madrugada soamente poderán xuntarse persoas conviventes. Nos establecementos de hostalaría e restauración, todos os aforos (interior e terrazas) funcionarán ao 50%. Será preciso contar con acreditación de inmunidade para acceder ao lecer nocturno, que funcionará ata as 3h, co 50% en interiores e 100% en exteriores.