O Concello de Ames acolleu a presentación da XVIII Xornada de persoal técnico e voluntario dos Xogos Autonómicos para persoas con discapacidade intelectual, organizados por Special Olympics Galicia, que xuntouo pasado sábado 14 de febreiro na Casa da Cultura de Bertamiráns arredor de 59 participantes de nove entidades das catro provincias galegas.
O evento contou coa presenza da directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón; o alcalde de Ames, Blas García; a concelleira de Benestar Social e Voluntariado, Uxía García; a concelleira de Promoción Económica e Emprego, Ana Belén Paz; o delegado do Reitor para o Deporte da Universidade de Santiago de Compostela, Javier Rico; o presidente de Special Olympics Galicia, Eladio Fernández; o vicepresidente de SOG, Julio Cortiñas, o secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Roberto García; e o xerente de FADEMGA Plena Inclusión Galicia, Manel Fernández.