26 Xullo, 2017

Ames Novo preocupado pola celebración do Día Nacional de Galicia e sobre o transporte metropolitano

Miñones tende a man aos grupos municipais para estudar as propostas que teñan para o ano que ven sobre o acto do Día Nacional de Galicia

Ames Novo amosa a súa preocupación pola organización da celebración do Día Nacional de Galicia. A formación amesá opina que o acto non foi organizado coa antelación suficiente e o formato que se está a usar é caduco xa que se leva usando dende o 2004, co goberno bipartito de Carlos Fernández.

Pilar Candocia cre que este acto debe facerse con tódolos grupos municipais de Ames xa que o ano pasado os partidos da dereita non asistiron polo contido da mensaxe que se estaba a dar. Nas súas declaracións, Candocia confirma que asistirá pero non sabe de que maneira “pode haber dous actos: un no que estemos todos os grupos políticos porque estamos de acordo co dito no manifesto institucional e outro no que iremos de público xa que non houbo consenso entre todos”. Ames Novo está de acordo coa mensaxe institucional pero non sabe se os demáis partidos o apoiarano.

Emplaza ao alcalde, José Miñones, a que no próximo deste ano “poidan falarse das cousas con antelación e chegar a un acordo no formato e na mensaxe”. Este medio púxose en contacto co alcalde e confirma que “estou disposto a falar do próximo acto mes e medio antes e estudar as propostas”.

Candocia considera que o transporte metropolitano é unha preocupación prioritaria para os veciños e veciñas de Ames

Outro dos puntos tratados pola formación verde foi sobre o transporte metropolitano no seu paso por Ames. Pilar Candocia recorda que son moitas as demandas que teñen por parte da veciñanza relacionado sobre o horario e as frecuencias desta. Confesa que a reunión que mantivo Miñones co resto dos alcaldes da contorna non foi notificada, nin se sabe a posición do Goberno sobre o tema oficialmente xa que se soubo todo pola prensa.

Candocia fala da necesidade dunha boa conectividade entre Bertamiráns e Milladoiro. Unha liña circular para o rural que está moi necesitada deste tipo de servizos. Aumentar as frecuencias do bus de Bertamiráns e os horarios que rematen preto das doce da noite son algunhas das propostas que recolle a formación política.

Pola súa parte, Miñones fala de que na próxima xunta de voceiros se falará do tema e da posición que tomará o Goberno neste asunto de gran calado para Ames e recalca que Ames Novo “confunde o seu papel de oposición xa que non están no Goberno”. O alcalde confirma que a vindeira reunión será en setembro para levar unha serie de propostas e poñelas en común co resto dos alcaldes e concelleiros e traballar xuntos nunha ruta única.