Consideran que é necesario que o goberno municipal informe aos veciños e veciñas da situación sobre a afectación da seca en Ames
O grupo municipal Ames Novo ven de amosar a súa preocupación ante o goberno tripartito de Ames pola situación dos recursos de auga e o seu subministro do concello. Consideran que é necesario que o goberno municipal informe aos veciños e veciñas da situación sobre a afectación da seca en Ames e, no caso de que existan problemas de subministro, pola cantidade ou calidade da auga.
A situación é preocupante xa que segundo datos oficiais de MeteoGalicia, do que levamos de ano só choveu 66 días fronte aos 93 días de anos anteriores e que se consideran normais en termos absolutos.