12 Xullo, 2017

Ames recorda a Miguel Ángel Blanco

Estos días cúmprese vinte anos do asasinato do concelleiro do Partido Popular de Ermua por parte da banda terrorista ETA

Ás 12:00 da mediodía foi a hora sinalada para que a corporación municipal, encabezada polo alcalde José Miñones, e algún dos traballadores do concello gardaron un minuto de silencio en recordo a Miguel Ángel Blanco. Estos días cúmprese vinte anos do asasinato do concelleiro do Partido Popular de Ermua por parte da banda terrorista ETA.

Esta iniciativa, xurdida da FEMP, convidaba a todos os concellos de Galicia e do resto de España a gardar un minuto de silencio e así honrar a memoria de Miguel Ángel Blanco.