29 Xaneiro, 2021

Ames sitúase en 212 casos activos de COVID-19

O Concello informa de que o número de casos de COVID-19 no municipio de Ames, segundo se traslada a información dende a Consellería de Sanidade a 29 de xaneiro de 2021, é de 212 casos activos. É preciso destacar que a información de domicilio basease no que consta dado de alta na base de datos da Tarxeta sanitaria do cidadán. Os datos son os recollidos nos sistemas de información da Consellería de Sanidade.


Dende o Concello de Ames faise un chamamento ao autoconfinamento e solicítaselle á veciñanza, que limite toda saída do fogar que non sexa imprescindible, nin fagan desprazamentos fóra do concello, salvo aqueles que sexan necesarios e debidamente xustificados, limitando así ao máximo á súa vida social.

Lémbrase que o uso da máscara e o mantemento da distancia de seguridade interpersoal é obrigatoria. Ademais, incídese que nesta nova etapa de restricións é preciso que cada un/unha de nós actuemos con responsabilidade. Sigamos cumprindo de xeito estrito todas as medidas de prevención da COVID-19. Para máis información ou resolver dúbidas pódese chamar ao número de teléfono 662 099 944 ou enviando un correo electrónico ao enderezo gabinete@concellodeames.gal.