O Concello informou onte de que o número de casos de COVID-19 no concello de Ames, segundo se traslada a información dende a Consellería de Sanidade a 13 de novembro de 2020, é de 67 casos activos. Cómpre lembrar que a Xunta de Galicia decretou que o concello de Ames estivese en nivel 3 de restricións dende as 00.00 horas do domingo 1 de novembro de 2020.
O anterior informe do Concello, pertencente ao xoves, indicaba que había 76 casos activos, o que supón un descenso de nove. Durante o mes de outubro Ames chegou a moverse arredor do cententar de casos.