8 Outubro, 2020

Ames ten 81 casos activos de COVID-19

O Concello informou na tarde de onte do número de casos activos no municipio, que sitúa nas 81 persoas. Xa se están contabilizando os casos positivos detectados a través das probas PCR que se están facendo co cribado masivo de 3.000 mostras entre a poboación do concello, co obxectivo de frear a posible transmisión e intentar localizar posibles casos asintomáticos. Ata día de hoxe, fixéronse 1.849 probas realizadas a través do cribado cunha porcentaxe de positivos dun 1,1%.