Segundo informou hoxe o Concello con base nos datos da Xerencia da Área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, Ames pechará xuño con 20 casos activos. A incidencia acumulada na última semana é de 59 casos por cada 100.000 habitantes, fronte á incidencia de 62 a dúas semanas. O Concello pide seguir respectando as restricións en vigor.
Para máis información ou resolver dúbidas pódese chamar ao número de teléfono 673 73 90 11, ou enviar un correo electrónico ao enderezo gabinete@concellodeames.gal.