José Ramón Oulego é avogado e portavoz de Ciudadanos na corporación municipal de Ames. É tamén Secretario de Acción Institucional Provincial do partido. Con el continuamos a nosa conversa cos principais partidos de Ames sobre as eleccións autonómicas.
Que balance facedes da lexislatura autonómica 2016-2020 para Ames?
Dende Cs Ames consideramos que o balance non é positivo. Galicia estancouse pola falta de investimento e medidas dirixidas ao desenvolvemento económico e social. E Ames non foi unha excepción.
A ninguén se lle escapa que unha das principais medidas que espera Ames da Xunta é a ampliación da depuradora de Sisalde. Unha cuestión de imperiosa necesidade para a veciñanza (estamos falando de mais de 26.000 veciños e veciñas afectados). Non obstante vemos como o mandado do Sr. Feijoo remata e non se levoua cabo.
Así mesmo, sufrimos un déficit de pediatras nun concello con moitos nenos coma é o noso e unha falta de investimento en novas infraestructuras e mantemento das existentes.Por exemplo a AC453, respecto da cal Cs presentou unha proposta instando á Xunta de Galicia ao seu mantemento e mellora da segurida de viaria, ou a AC544, na que desafortunadamente temos que lamentar varios accidentes graves.
Que se xoga Ames nestas eleccións?
Xógase medrar como concello dende o punto de vista demográfico, social e económico. Dende Cs defendemos que Ames ten todo para ser un concello de referencia en Galicia. Ten moito potencial por explotar pero iso require de interese e cooperación por parte da Administración autonómica e sobre todo dunha inversión e medidas acordes.
Que expectativas ten o seupartido nestas eleccións?
Nas últimas eleccións xerais Ames foi un dos municipios de Galicia onde Cs obtuvo maior porcentaxe de votos. Iso demostra que alí onde Cs está representado os votantes aprecian a nosa forma de facer política útil, sempre centrada no benestar dos cidadáns.
Amosa a nosa capacidade de xestión gobernando para vinte millóns de cidadáns e cidadás en lugares como a Comunidade de Madrid ou Andalucía, onde propiciamos un necesario cambio de goberno.
Nestas vindeiras eleccións aspiramos a entrar no Goberno da Xunta. Temos moi claro que o 12 X só haberá dúas opcións de cambio: unha a peor da man de nacionalistas e populistas ou un cambio a mellor con Cs no Goberno da Xunta de Galicia. Dende Ames esperamos contribuir decisivamente a ese cambio porque estamos convencidos que temos moito que gañar.