A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o pasado xoves, 29 de xaneiro, o expediente de licitación das obras de pavimentación do viario principal de Coira, pertencente á parroquia de Biduído. Dito viario discorre por diante do CEP de Ventín e conta cunha lonxitude dun quilómetro. O orzamento base de licitación ascende a 67.317,07 euros (IVE incluído). Este proxecto, que se sufraga con cargo á segunda fase do POS +Adicional 2/2025, enmárcanse dentro do plan de arranxo e mellora das vías e camiños municipais.
Anuncian o arranxo do viario que pasa por diante do colexio de Ventín