30 Marzo, 2026

Aprobada por unanimidade do Pleno unha moción do BNG para a mellora do transporte público

O BNG de Ames presentou no pleno de marzo unha moción na que insta á Xunta de Galiza a realizar unha avaliación detallada do estado do transporte público no Concello de Ames e en relación coa área metropolitana de forma que se faga unha planificación global da situación do transporte, foi aprobada por unanimidade.

Para os nacionalistas “é fundamental que os horarios sobre os que se planifica o transporte público permitan cubrir as principais horas de acceso a centros de traballo, centros educativos e centros sanitarios”. No caso concreto, da liña que conecta Bertamiráns e O Milladoiro piden que se incrementen as frecuencias, facilitando a mobilidade entre os dous núcleos urbanos do municipio e quese dote dunha nova parada no Polígono. Reclaman tamén o aumento das frecuencias nas liñas que atravesan o rural do concello e dotar do servizo ás parroquias que aínda a día de hoxe non o teñen, “garantindo así unha mobilidade digna para toda a veciñanza”.