A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o pasado 19 de febreiro o expediente de licitación das obras para a instalación dun sistema de rega automática no centro de lanzamento de Ventín. O orzamento base de licitación ascende a 40.396,71 euros (IVE incluído). Este proxecto, que se sufraga con cargo á segunda fase do POS +Adicional 2/2025, enmárcanse dentro do plan de arranxo e mellora das instalacións deportivas municipais.
Aproban dotar de sistema de rega automática ao centro de lanzamento en Ventín