29 Novembro, 2020

As áreas de Santiago e Ourense poderían abrirse o martes

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, foi entrevistado esta mañá na Radio Galega. Alí explicou que os peches perimetrais que afectan ás áreas de Santiago e de Ourense poderían levantarse este próximo martes. O conselleiro considera que existe unha “boa evolución epidemiolóxica”. García Comesaña non pecha a porta a facer o mesmo na Coruña cando se coñezan os datos da fin da semana que vén. 

O comité clínico acordará o próximo martes o Plan de Desescalada. O plan contempla das dúas velocidades no proceso, distinguindo a Galicia rural da urbana. García Comesaña admite que podería abrir a hostalaría antes de que se permita a mobilidade total. 

Actualmente hai, cos últimos datos coñecidos, 28 casos activos de COVID-19 entre a veciñanza de Ames. Nos últimos 14 días detectáronse 20 casos.