29 Setembro, 2020

As Escolas Infantís O Bosque e A Madalena serán gratuítas para os segundos fillos

O prezo da atención educativa para o curso 2020-2021 para os segundos fillos e sucesivos da unidade familiar estará bonificado ao 100% nas escolas infantís municipais do Bosque e a Madalena. É o resultado da modificación unánime, no pleno do pasado xoves 24 de setembro, da ordenanza municipal número 5 que regula o prezo público pola prestación do servizo.

Esta medida adóptase ao abeiro da Disposición Adicional novena da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia. A Xunta achegará fondos ao Concello para sufragar esta medida.