2 Agosto, 2021

As obras do Plan AGADER 2020-2021, rematadas

O Concello informou esta mañá de que as obras de mellora do camiño que vai de Portanxil a Carballo, na parroquia de Trasmonte e as do camiño que vai dende A Condomiña ata a depuradora de Sisalde, na parroquia de Ortoño xa están rematadas. Ambas as actuacións estaban incluídas na Medida 4.3 do Plan de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020 dentro de Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021. Estas actuacións foron financiadas con Fondos FEADER.

As obras de mellora do camiño que vai de Portanxil a Carballo tiveron un importe de 13.879,33 euros. As obras de mellora do camiño que vai dende A Condomiña ata a depuradora de Sisalde ascenderon a 16.577 euros. A primeira actuou sobre un quilómetro de vía, por 1 quilómetro e 390 metros da segunda, ampliándose en ambas as gabias e procedendo a un tratamento asfáltico.