As oficinas da Unión de Consumidores de Galicia, situada unha no Milladoiro e outra en Bertamiráns, encóntranse pechadas ao público debido ao estado de alarma. Pero aínda que non hai atención presencial, séguese prestando servizo de atención aos consumidores/as de maneira telemática, a través do correo electrónico info@consumidores.gal.
Este servizo de asesoramento da UCGAL enmárcase dentro do acordo que teñen asinado o Concello de Ames e a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) dende o ano 2016.