A Concellería de Mocidade de Ames, organiza unha nova actividade do programa Trouleando cunha xornada no Titans Laser Tag, en Teo, o próximo sábado 28 de febreiro. O prazo de inscrición estará aberto do 12 ata o 18 de febreiro. As persoas interesadas deben inscribirse enviando a ficha de inscrición debidamente cumprimentada ao enderezo electrónico xuventude@concellodeames.gal. Hai 42 prazas dispoñibles que se asignarán por orde de chegada.
O láser tag é un xogo no que se recrean experiencias reais de combate de maneira segura e dinámica mediante unhas armas que empregan tecnoloxía infravermella e unhas diademas con sensores que van colocadas nas cabezas dos e das xogadoras. As armas están totalmente informatizadas, polo que cada participante terá estatísticas en tempo real e información sobre o resto de compañeiros de equipo e rivais.