Ames pasou a alerta laranxa por incidencia de COVID-19 entre onte e hoxe no mapa semáforo da Xunta. Isto significa que se detectan de 14 a 21 casos por semana. O Concello informa de que hai 76 casos activos no municipio hoxe. Na actualidade estáselle facendo un seguimento a 389 persoas por estar en contacto con algún caso positivo. Cómpre lembrar que a Xunta de Galicia decretou que o concello de Ames pasa a estar en nivel 3 de restricións dende as 00.00 horas do domingo 1 de novembro de 2020.
Baixa a incidencia de COVID-19 en Ames