8 Agosto, 2017

Bertamiráns celebrará a súas festas neste fin de semana

Josito Porto, actor coñecido polo seu papel en Pratos Combinados, será o encargado de dar o discurso que continuará coa III Edición da Festa do Porco a brasa e rematará coa actuación do grupo Alborada

Como todos os anos, as festas en honor a virxe da Peregrina comezan o venres 11 de agosto ás 22:00 coa pregón que da o pistoletazo de saída. Josito Porto, actor coñecido polo seu papel en Pratos Combinados, será o encargado de dar o discurso que continuará coa III Edición da Festa do Porco a brasa e rematará coa actuación do grupo Alborada. Como todos os anos, o campo da festa de Bertamiráns, ao lado da igrexa, será o recinto apropiado para o evento.

O sábado comezamos ás 10:00 horas para a tirada das 21 bombas de palenque. Ás 11:00 horas comezará o tradicional pasarrúas coa charanga Tíralle do Aire que amenizarán as rúas de Bertamiráns coa súa música. Ás 12:00 será hora de trasladarnos a igrexia de Bertamiráns para a misa solemne das primeiras comunións que os rapaces e rapazas aproveitan para celebrar nestes días de festa. Isto segue, porque ás 14:00 será hora da sesión vermú a cargo da charanga Alborada que acompañará musicalmente a todos os presentes.

Daremos un respiro durante un par de horas pero non iremos tan lonxes porque de 18:00 a 21:00 é hora de que os rapaces e rapazas se divirtan cos inchables que se atoparán no Parque da Travesía do Rueiro. Seguidamente, ás 19:00, a charanga Tíralle do Aire volve a percorrer as rúas de Bertamiráns para animar a todos os veciños e veciñas para que se unan a festa. Ás 21:00 horas é a quenda da misa e da procesión de antorchas para rematar co inicio da gran verbana no campo da festa coa actuación das orquestras Capitol e Tamarindos con horas e horas de música e espectáculo.

O domigno 13, ás 12:30, comezará a misa solemne e a procesión acompañado pola Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla

O domingo 13, último día de festa, comezarán as bombas de palenque ás 10:00 horas. Nese mesmo momento, o grupo de gaitas Os Castro de Ames farán un pasarrúas para rematar cunha actuación de baila na Praza da Maía sobre ás 12:00. Ás 11:00 horas é momento de desfrutar do concerto da Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla que darán na Praza da Maía.

Ás 12:30 comezará a misa solemne e a procesión acompañado pola Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla. Un evento único e especial que é moi celebrado polos asistentes da saída da virxe da Peregrina da igrexa de Bertamiráns. Ás 14:00 tocara desfrutar dos fogos de artificio e da sesión vermú co acompañamento musical da orquestra Poceiro.

Pola tarde continúan os festexos xa que ás 19:30 celébrase o XIV Trofeo de Fútbol “Café Don Budi” no Campo Municipal de Bertamiráns. Unha cita ineludible para todos os veciños e veciñas que un ano máis, volverá a reunir a moita xente nas gradas. Na noite e como colofón destes días de festa, ás 22:00 comezará a verbena a cargo das orquestras Poceiro e Los Player’s que amenizarán á festa para os alí reunidos.