20 Outubro, 2017

Candocia e Boo materializan por rexistro a súa marcha do Concello

A histórica dirixente amesá máis a súa man dereita rexistraron a súa renuncia ás súas respectivas actas de concelleiras logo de anuncialo na Asemblea de Ames Novo

As concelleiras anunciaran a súa intención de abandonar as súas cadeiras municipais nunha convulsa asemblea de Ames Novo celebrada en setembro no Pazo da Peregrina.

Daquela a marea municipalista xustificaron esta despedida en que «por unha parte, teñen unha posición discordante coa evolución de Ames Novo e que, ademais, consideran que ao non teren intención de concorren nas eleccións municipais de 2019 este é o mellor momento para que se produza un relevo nas responsabilidades do grupo municipal»

Desavenencias sobre o papel de Ames Novo na construcción de En Marea, que ambas consideran que leva unha deriva equivocada, influíron nesta toma de decisión. Por outra banda esto non supón a priori a retirada da política de Boo e especialmente de Candocia, que por outra banda veñen reivindicando un achegamento dos partidos de esquerda ante a ameaza dun fortalecemento da dereita que impulse ao PP cara o Goberno de Ames.