A edición número trinta dos premios de Teatro María Casares, que convoca a Asociación de Actores e Actrices de Galicia con apoio da Deputación da Coruña e a Xunta, premoiou aos veciños Carlos Labraña, Miguel Gendre, a veciña de Ameixenda Luma Gómez, Marta Alonso Tejada ou Alonso Caxade foron algúns dos galardoados, nun evento no que brillou con luz propia a compañía Ibuprofeno Teatro, con media ducia de recoñecementos pola súa obra ‘Reconversión’.
Caxade logra con Ibuprofeno Teatro o recoñecemento á mellor dirección musical “e que tamén incluíu efectos sonoros, aparte das melodías”. Luma Gómez, foi agasallada co Premio de Honra Marisa Soto, mentres que Tejada levou o de Mellor dirección de movemento pola súa participación en ‘A serie clopen’, do Centro Dramático Galego, e Miguel Gendre, Rafa R. Martínez y Laura Pouso compartiron o de Mellor espazo sonoro dentro de la peza ‘Tromsø’, de Morraoconto.