Dirixida ás persoas usuarias dos servizos sociais municipais, fai parte do plan de formación de Gas Natural Fenosa
A charla fai parte do plan de formación de Gas Natural Fenosa. Dirixida ás usuarias e usuarios dos servizos sociais municipais, terá lugar tanto no Milladoiro como en Bertamiráns. O día 11 de outubro, será na primeira das localidades, no local de JUPEMI (a asociación de persoas xubiladas e pensionistas do Milladoiro), ás 17:00h. En Bertamiráns, a charla desenvolverase o 19 de outubro, no Pazo da Peregrina, no mesmo horario.
A formación centrarase en catro aspectos. O primeiro deles vinculado ás oportunidades de optimización da factura eléctrica, mediante a redución da potencia e a adaptación da tarifa. O segundo destes aspectos terá que ver coa realización de pequenas mudanzas na vivenda, que impliquen un aforro enerxético. Nesta charla informativa tamén se abordarán hábitos de consumo que permitan aforrar enerxía. Asemade, tamén se tratarán diferentes liñas de axuda e o bono social, explicando quen pode solicitalas e de que maneira.
O día 11 de outubro, o local de JUPEMI (a asociación de persoas xubiladas e pensionistas do Milladoiro), na rúa Figueiras, acollerá a primeira charla, ás 18:00 horas. En Bertamiráns, esta charla-informativa celebrarase o día 19 de outubro, no mesmo horario, no Pazo da Peregrina. Dirixida ás persoas usuarias dos servizos sociais municipais, fai parte do plan de formación de Gas Natural Fenosa.