25 Novembro, 2020

Ciudadanos pide controlar a presenza de COVID-19 en augas residuais

Solicitamos a realización de análises de augas residuais para o control COVID”. Así o asegurou onte José Ramón Oulego, concelleiro de Ciudadanos no Concello de Ames, tras presentar unha moción que se debaterá no pleno que se celebrará o vindeiro xoves na que solicita a realización de análises das augas residuais dos centros de día e colexios para detectar a presenza de COVID-19. “Desta forma detectaríase rapidamente que o virus se introduciu nalgunha delas, realizaríanse PCR a traballadores e usuarios e procederíase ao illamento inmediato dos contaxiados. O obxectivo é minimizar riscos e as baixas”.

Desde a formación liberal consideran que a Administración Local “pode xogar un papel moi importante na pandemia”, algo que é “unha cuestión de vontade política. Os cidadáns pídennos medidas e a inactividade non é unha opción para atopar solucións”.

Neste sentido, sinalou que a aplicación destas medidas “fará do noso Concello uno dos pioneiros en España en prever brotes, agora que a situación no noso concello está máis controlada”.