Luísa Feijóo: “Hai que por fin a esta lacra da violencia machista dunha vez”
O Concello de Ames, a través da concellaría de Servizos Sociais e Igualdade, realizou esta mañá, ás 12:00 horas, unha concentración diante da Casa do Concello, en Bertamiráns, e diante das oficinas municipais do Milladoiro en repulsa do asasinato dun neno de 11 anos, que presuntamente se enmarca nun caso de violencia machista, xa que o presunto asasino é o pai do rapaz. Autoridades municipais, traballadores e traballadora e veciños e veciñas gardaron un minuto de silencio en repulsa deste novo acto de violencia machista. Trátase do quinto neno que é vítima de violencia de xénero durante este ano en España.
A concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Luísa Feijóo, recalcou que “hai que por fin a esta lacra da violencia machista dunha vez. En moitas ocasións emprégase aos fillos e fillas para facerlle dano ás mulleres e iso non pode ser. Nesta loita debemos estar non só nestes actos senón tamén reclamando políticas efectivas, e máis medios, tanto económicos como de persoal. Sempre que poidamos achegar un gran de area, aí estaremos en contra das violencias machistas”.
Os membros da corporación municipal e os traballadores do Concello de Ames mostraron esta mañá a súa repulsa ante o asasinato
Asemade, Luísa Feijóo lembra que “na loita contra todas as manifestacións de violencia debemos estar todos e todas, e sempre que sexamos conscientes ou coñezamos algún acto deste tipo, debemos actuar e poñelo en coñecemento de quen corresponda. Lembrar tamén que existe un teléfono da muller, 016, a onde poden chamar as mulleres ou calquera persoa que coñeza algún tipo de caso de maltrato para denunciar este tipo de situacións. Outra opción é poñerse en contacto co CIM, que atende tanto en Bertamiráns coma no Milladoiro”.
Os membros da corporación municipal e os traballadores do Concello de Ames mostraron esta mañá a súa repulsa ante o asasinato acontecido esta pasada fin de semana no municipio de Oza-Cesuras e no que mataron a un rapaz de 11 anos. A concentración, que tivo lugar en Bertamiráns e no Milladoiro, comezou cun minuto de silencio en lembranza deste neno que foi vítima deste lacra.