A Consellería de Sanidade actualizou esta mañá as cifras coñecidas sobre a expansión do coronavirus COVID-19 por Galicia. O número de casos confirmados sitúase nos 1.832, o que supón un incremento de 234 fronte aos do día anterior. Santiago, con 302 persoas afectadas, é a terceira área sanitaria por volume de incidencias en Galicia. Na Coruña son 438 as persoas afectadas, por detrás de Vigo, con 462, que é agora mesmo a área máis afectada. Son 231 positivos en Ourense, 222 en Pontevedra, , 128 en Lugo e 49 en Ferrol.
Un paciente de 87 anos morreu nas últimas horas no compostelán Hospital A Rosaleda. O paciente tiña patoloxías previas, como as outras tres persoas falecidas nas últimas 24 horas en Galicia polo coronavirus. Todos eran varóns de entre 63 e 87 anos. Unha das mortes foi en Ourense, outra en Pontevedra e en Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 86 permanecen en UCI, 499 están en unidades de hospitalización e 1.247 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 47 altas de pacientes. Fixéronse 8.805 probas.