A MOSTRA DE TEATRO DE AMES TERÁ CONTINUIDADE NO MES DE NOVEMBRO CON TRES CITAS MÁIS NA CASA DA CULTURA DO MILLADOIRO
Ás 21:00 horas deste venres, 20 de outubro, dará comezo a XII Mostra de Teatro Afeccionado de Ames, coa representación da obra “A Corda”. A peza, que é unha versión libre do filme “A soga” de Alfred Hitchock, estará interpretada polas actrices e actores de “The Puntillas Teatro”. A Mostra incluirá tres obras máis, todas dirixidas a un público adulto. O resto das representacións terán lugar os días 3, 10 e 17 de novembro, sempre ás 21:00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. A entrada será libre e gratuíta. A Mostra de Teatro Afeccionado está organizada polo Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación e Cultura.