A Xunta informou esta mañá da detección de cinco casos positivos por COVID-19 na E.I. Munipal A Madalena. Na mesma actualización, sinalaron que hai un novo caso no CEP de Ventín, que sobe a catro. Na Madalena decidiuse pechar dúas aulas.
Actualmente, o 90% dos casos positivos por COVID-19 en Ames están localizados no Milladoiro e son resultado do gromo detectado en setembro, tal e como recordou o Concello esta mesma mañá.