5 Xullo, 2017

D´Mella Cenor Electrodomésticos, unha aposta polo comercio de proximidade

Eduardo: “É moi importante que o cliente reciba información ver veraz sobre as prestacións do electrodoméstico que compra e ofrecerlle a posibilidade de escoller entre varias gamas que se adapten o mellor posible ás súas necesidades”

25 anos no mercado, e Cenor segue apostando pola “tenda de barrio, onde podemos estar a carón do cliente”, nos explica Eduardo Cardama, empregado deste comercio instalado na esquina da rúa Viorneira do Milladoiro, no número 5. Os propietarios tamén rexentan outro establecemento Cenor en Bertamiráns, na Praza da Mahía, 8.

Dentro da política de proximidade incorporan a participación no patrocinio das festas e o deporte e mesmo se entregan os Premios Soliarios, que tamén se convocan a nivel local.

O sector do electrodoméstico atopouse cun serio competidor nas grandes superficies, pero foron quen de adaptarse e superar a este duro rival ofrecendo mellor atención ao cliente, servizo a domicilio e reducindo incluso as marxes de benefcio.

D’Mella aposta pola calidade e o prezo axustado para gañar mercado de proximidade

Outra cuestión moi valorada é o servizo técnico. Algo que antes da crise estaba comezando a quedar en desuso e que retornou a ser demandado pola clientela do comercio de proximidade do sector do electrodoméstico. Neste sentido, apunta Eduardo, “é moi importante que o cliente reciba información ver veraz sobre as prestacións do electrodoméstico que compra e ofrecerlle a posibilidade de escoller entre varias gamas que
se adapten o mellor posible ás súas necesidades, para que quede satisfeito coa relación calidade prezo”.

Salienta un detalle importante, “as marcas tamén se fxaron neste detalle da durabilidade e do rumor sobre a obsolescencia programada dos aparatos, por iso agora ofrecen a súa grantía a través de selos independentes que garanten a calidade e durabilidade do electrodoméstico e das pezas”. Isto último é algo que non soe preocuparnos, pero existen marcas das denominadas brancas, das que logo “non é doado atopar pezas de recambio pasados uns anos”.

D’Mella aposta pola calidade e o prezo axustado para gañar mercado de proximidade, que é o que defende e onde mellor se desenvolve. Apostan polo kilómetro 0. En qué consiste?, en que si todos mercamos nese círculo do kilómetro 0, esto repercutirá directamente no crecemento económico desa zona.