Estabilizado o incendio forestal que se produciu esta mañá no lugar de Caroubáns

O Concello de Ames tivo que activar hoxe, por primeira vez neste verán, o plan municipal de incendios forestais de 2025, que inclúe as actuacións en materia de prevención de incendios e mailo dispositivo municipal de actuacións ante lumes forestais para o período estival deste ano. Foi debido a un incendio forestal que se produciu no lugar de Caroubáns, pertencente á parroquia de Covas.

Na súa extinción participaron medios aéreos e terrestres da Xunta de Galicia, así como medios municipais como a Policía Local, membros da Agrupación de Protección Civil e unha cisterna da empresa Urbaser, concesionaria do servizo de limpeza viaria. Na actualidade dito incendio, que afectou a unha superficie aproximada de 0,3 hectáreas, atópase estabilizado.