7 Abril, 2026

Este xoves, 9 de abril, Rondallas abre o ciclo de Abril de Cine. Asistirá a actriz María Vázquez

Esta semana comeza a sexta edición do ciclo Abril de Cine, unha iniciativa enmarcada dentro da programación deseñada polo departamento de Cultura do Concello de Ames e que ten a finalidade de achegar o cinema de actualidade á veciñanza amesá. A primeira cita das tres sesións programadas no Abril de Cine deste ano terá lugar este xoves 9 de abril, ás 20.00 horas no auditorio do Milladoiro, coa proxección do filme “Rondallas”. A xornada contará coa presenza da actriz galega María Vázquez, unha das protagonistas do filme. As entradas xa se poden adquirir a través da Billeteira Electrónica do Concello de Ames

O inicio do mes de abril trae consigo en Ames, de novo, unha nova edición do ciclo de cinema Abril de Cine. “Rondallas”, de Daniel Sánchez Arévalo, será o filme que inaugure unhas xornadas que pretenden achegar o cinema de actualidade á veciñanza. A proxección terá lugar este xoves, 9 de abril, no auditorio do Milladoiro, ás 20.00 horas. Durante esta xornada contarase coa presenza da actriz galega e unha das protagonistas da película, María Vázquez.