9 Abril, 2020

Estes son os establecementos abertos en Ames

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, facilita a relación de establecementos que permanecen abertos durante o estado de alarma. Son tanto establecementos de alimentación (supermercados, panaderías, froitarías, carnicerías/charcuterías, peixerías/conxelados e comida para levar) como aqueles que ofrecen outro tipo de servizos (farmacias, parafarmacias, clínicas veterinarias, ferreterías, estancos, droguerías, alimentación animal, lavandarías, papelarías, estacións de servizo e taxis).

Dende o Concello de Ames lémbrase que hai que cumprir as normas establecidas para saír a mercar produtos de primeira necidade e que se debe acudir ao establecemento comercial máis próximo ao lugar de residencia. 

Ademais, dende a Concellaría de Promoción Económica fan fincapé en que calquera erro que se detecte nesa listaxe, ou se hai algún establecemento que non estea contemplado na mesma, procederase á súa subsanación ou incorporación, sempre que os interesados/as envíen un correo electrónico a promocioneconomica@concellodeames.gal.