Os participantes nas “Tardes de Xogo con Apego na rúa” teñen tamén a oportunidade de aprender ademais de xogos tradicionais, xogos de diferentes partes do mundo
A rapazada que, acompañada dos papás e as mamás, acude estas semanas ás “Tardes de Xogo con Apego na Rúa” na praza da Maía en Bertamirás e na praza da Costa Grande no Milladoiro aprende a desenvolverse en galego con naturalidade no tempo de xogo. As familias que xa utilizaban o idioma, tamén nestas circunstancias, comparten o gusto de facelo e os coñecementos propios.
As familias neofalantes amosan a súa satisfacción por aprender. “Hai papás e mamás que non coñecían ningunha das cancións que cantamos, e iso que cantamos as máis populares, e agora estannos pedindo máis para poder continuar cantando e xogando en galego na casa”, manifesta Clara Rei García, do colectivo Xandovela, pouco antes de pasarlle a pelota ao meniño que ten ao seu carón na praza da Maía e berrar “bombaaaa”, para deseguido poñerse a cantar “O Galo canta”.
“Cantamos cancións como a de “O galo”, “A vaca Marela” e “Se chove deixa que chova”; repetímolas moitas veces para que tanto os papás e as mamás como os meniños e as meniñas a adopten no seu repertorio de xeito natural; estamos moi contentas sobre todo polo interese que están
Estas semanas que o Apego leva xogando na rúa coas familias de Ames establecéronse vínculos de confianza moi estreitos entre as familias
Algunhas das familias que até de agora non utilizaban a nosa lingua á hora de xogar e que agora, dinnos, xa comezan a facelo acotío na casa a través dos nosos enredos e as nosas cancións”, manifesta Clara, quen tamén nos conta que nestas semanas que o Apego leva xogando na rúa coas familias de Ames establecéronse vínculos de confianza moi estreitos entre as familias: Estes vínculos e o ambiente distendido que se crea nos xogos facilita que os papás e as mamás se solten e se permitan facer o parvo, o que en definitiva axuda moito no proceso de aprendizaxe e de afianzamento tantos xogos populares que tentamos recuperar e transmitir para que non se perdan como da propia lingua.
Os participantes nas “Tardes de Xogo con Apego na rúa” teñen tamén a oportunidade de aprender ademais de xogos tradicionais, xogos de diferentes partes do mundo. Ademais aprenden a construír sinxelos xoguetes e instrumentos musicais e, en definitiva, recuperan a rúa como espazo de lecer.