Este fin de semana, 1 e 2 de xullo, son as festas nas parroquias de Ames e Bugallido
Ao longo deste fin de semana, celébranse as festas nas parroquias de Ames e de Bugallido. Ames conmemora o Santo Tomé, mentres que Bugallido celebra o Santo Antonio, o Santísimo e o Santo Pedro. En ámbalas dúas parroquias, haberá varias actividades durante estes días. En Ames actuará o grupo Café Olé e a orquestra Ciudad Cristal, o sábado, e o domingo estará a orquestra Ibiza. Pola súa banda, en Bugallido, pasarán ao longo destes días: Os Trovadores, a orquestra Dimensión, o grupo de gaitas Os Castros, a disco móbil Eme Music do DJ Marcos Magán e a orquestra Saudade.
Este fin de semana, 1 e 2 de xullo, son as festas nas parroquias de Ames e Bugallido. A primeira destas parroquias celebra o Santo Tomé, mentres que a de Bugallido conmemora o Santo Antonio, o Santísimo e máis o Santo Pedro.
En Ames, as festas arrancarán este sábado ás 9 da maña, co lanzamento de 21 bombas de palenque anunciando o inicio das festas. Ás 13:00 horas dese día terá lugar unha misa na Igrexa de Santo Tomé. Posteriormente, a sesión vermú estará amenizada pola orquesta cristal, que repetirá á noite acompañada do grupo Café Olé.
Hoxe, venres 30 de xuño, empezan as festas en Bugallido na honra do Santo Antonio. Asemade, mañá celebrarase nesta parroquia amesá o Santísimo e o domingo conmemorarase o Santo Pedro. Esta tarde, as festas inícianse cunha misa, ás 20:00 horas, e a actuación da orquestra Os Trovadores pola noite.